SlideShare a Scribd company logo
Título da tarefa: A FORZA DAS PALABRAS Profesorado: Ariana Rodríguez Sánchez
Breve descrición da tarefa: O proxecto consiste na adquisición e interiorización dunha linguaxe positiva de forma consciente,
recoñecer o impacto que teñen as palabras nos demais e en nós mesmos, a través de que dinámicas e hábitos podemos
mellorar o que dicimos, para que e como nos diriximos aos outros compañeiros/as, adultos/as... Ninguén sabe con certeza o
impacto que ten nos demais, falémonos ben, fomentemos os espazos libres de malas palabras.
Curso: 4º
Área(s) ou Materia(s): Lingua Galega e
Literatura e Proxecto Competencial
Temporalización: 1º e 2º trimestre do curso 24-25
Etapa: Educación Primaria
CONCRECIÓN CURRICULAR
Contidos Criterios de Avaliación Obxectivos CC
L.G.L. ▪ Uso dunha linguaxe non
discriminatoria e respectuosa coas
diferenzas, tendo unha perspectiva de
xénero.
Bloque 1. AS linguas e os seus falantes
▪ CA1.4. Rexeitar os usos lingüísticos
discriminatorios e identificar os abusos de poder
a través da palabra a partir da reflexión grupal
acompañada sobre os aspectos básicos, verbais
e non verbais, da comunicación, tendo en conta
unha valoración social equilibrada das dúas
linguas oficiais.
CA1.5. Usar unha linguaxe respectuosa coas
diferenzas persoais, culturais e coa perspectiva
de xénero
OBX4. Comprender e interpretar textos
escritos e multimodais, recoñecendo o
sentido global, as ideas principais e a
información explícita e implícita, e
realizando con axuda reflexións
elementais sobre aspectos formais e de
contido, para adquirir e construír
coñecemento e para responder a
necesidades e intereses comunicativos
diversos.
OBX5. Producir textos escritos e
multimodais, con corrección gramatical e
ortográfica básicas, seriando
correctamente os contidos e aplicando
estratexias elementais de planificación,
textualización, redacción, revisión e
CCL
CPSAA
CC
edición para construír coñecemento e
para dar resposta a demandas
comunicativas concretas
L.G.L. – Interese pola ampliación de
vocabulario para unha mellor comunicación
oral en distintas situacións.
– Interacción oral adecuada en situacións de
aula e en contextos formais e informais
elementais, mobilizando estratexias básicas
de cortesía lingüística e asertividade
– Estratexias de expresión e escoita activa
empática de necesidades, vivencias e
emocións propias e alleas para a resolución
dialogada dos conflitos, tendo en conta a
perspectiva de xénero.
Bloque 2. Comunicación oral
▪ CA2.2. Ampliar paulatinamente o vocabulario a
partir das experiencias e situacións cotiás.
CA2.5. Participar en interaccións orais
espontáneas ou reguladas, respectando as
normas básicas da cortesía lingüística e
iniciándose en estratexias de escoita activa.
OBX2. Comprender e interpretar textos
orais e multimodais identificando o
sentido xeral e a información máis
relevante, e valorando con axuda
aspectos formais e de contido básicos
para construír coñecemento e responder
a diferentes necesidades comunicativas.
OBX5. Producir textos escritos e
multimodais, con corrección gramatical e
ortográfica básicas, seriando
correctamente os contidos e aplicando
estratexias elementais de planificación,
textualización, redacción, revisión e
edición para construír coñecemento e
para dar resposta a demandas
comunicativas concretas
CCL
CC
L.G.L. – Valoración da propia produción
escrita, así como a produción escrita dos
compañeiros e compañeiras.
– Uso dunha linguaxe non discriminatoria e
respectuosa coas diferenzas.
Bloque 3. Comunicación escrita
▪ CA3.9. Acadar as destrezas e competencias
lingüísticas a través do uso da lingua escrita.
▪ CA3.10. Construír, a través da linguaxe e de
forma progresiva, un pensamento crítico para
evitar discriminacións e prexuízos.
OBX9. Reflexionar de forma guiada
sobre a linguaxe a partir de procesos de
produción e comprensión de textos en
contextos significativos, utilizando a
terminoloxía elemental adecuada para
iniciarse no desenvolvemento da
conciencia lingüística e para mellorar as
destrezas de produción e comprensión
oral e escrita
OBX10. Pór as propias prácticas
comunicativas ao servizo da convivencia
democrática utilizando unha linguaxe non
discriminatoria e detectando e rexeitando
os abusos de poder a través da palabra
para favorecer un uso non só eficaz
senón tamén ético da linguaxe.
CCL
CPSAA
CC
L.G.L. ▪ Aproximación á lingua como sistema
con distintos niveis: sons e letras, palabras,
oracións e textos. Observación e
comparación de unidades comunicativas
básicas de xeito individual e grupal.
Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus
usos no marco de propostas a produción e
comprensión de textos orais, escritos ou
multimodais
CA6.2. Producir en galego textos escritos e
multimodais sinxelos e coherentes, en distintos
soportes, seleccionando o modelo discursivo que
mellor responda a cada situación comunicativa,
iniciándose no uso das normas gramaticais e
ortográficas máis sinxelas e progresando, de
maneira acompañada, na mobilización de
estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de
planificación, redacción, revisión e edición.
OBX2. Comprender e interpretar textos
orais e multimodais identificando o
sentido xeral e a información máis
relevante, e valorando con axuda
aspectos formais e de contido básicos
para construír coñecemento e responder
a diferentes necesidades comunicativas.
CCL
P. Competencial
▪ Procura e selección de información
relacionada cos proxectos. ▪ Planificación:
secuenciación e temporización.
Bloque 1. Definición de proxectos
▪ CA1.1. Recoñecer a importancia da temática do
proxecto que se pretende abordar.
▪ CA1.4. Realizar, de xeito guiado, a secuencia e
a temporización das actuacións necesarias para
a execución do proxecto.
OBX1. Concretar un plan de traballo para
a realización dun proxecto ou a
resolución dun problema a través da
definición de obxectivos e das accións
para acadalos, tendo en conta as
necesidades da contorna.
CPSAA
CC
CPSAA
CC
P. Competencial
▪ Execución de proxectos: dinámicas e roles.
Bloque 2. Execución de proxectos
▪ CA2.1. Executar as actuacións asociadas coa
secuencia e a temporización prevista.
CA2.5. Valorar os resultados logrados ao termo
da execución do proxecto.
OBX2. Desenvolver o proxecto segundo
a planificación prevista mobilizando
conxuntamente as competencias
transversais que se requiran
P. Competencial
▪ Presentación de proxectos: a expresión
verbal e corporal; control das emocións e da
conduta. ▪ Uso de recursos dixitais,
audiovisuais ou plásticos de apoio á
comunicación para a presentación do
proxecto.
Bloque 3. Presentación de proxectos
▪ CA3.1. Presentar o proxecto realizado e, de ser
o caso, os produtos finais obtidos.
▪ CA3.2. Empregar unha linguaxe verbal con
corrección e claridade, para enxalzar a
expresividade e eficacia do discurso.
▪ CA3.4. Potenciar as emocións positivas na
exposición e controlar, de ser o caso, a conduta
asociada ás emocións negativas.
▪ CA3.5. Empregar recursos dixitais, audiovisuais
ou plásticos como apoio na presentación do
proxecto
OBX3. Presentar os resultados
asociados ao proxecto competencial
empregando dun xeito respectuoso
estratexias e ferramentas de
comunicación adecuadas cunha linguaxe
verbal e corporal positiva, control das
emocións negativas e, de ser o caso, co
uso de recursos informáticos e
audiovisuais.
CPSAA
CC
ACTIVIDADES TIPO I
- Visionado e posterior asemblea do vídeo de Constanza Orbaiz: https://youtu.be/4NuF4HD94Qs?si=BdsHU2cw_LPv6LrC
- Visionado e posterior debate do audiovídeo elaborado polo alumndo do CEIP Nicolás del Río de Cedeira
https://youtu.be/6ZOmJaoBiUM?si=RoRemrc7CUGhn4xu
- Diversos conflitos e discusións acontecidos ao principio de curso tamén serviron de motivación e interese por mellorar o ambiente
na aula e a maneira de tratarse.
- “Bo roio”: Se non entras bailando, non hai clase!
ACTIVIDADES TIPO II
-Que son as palabras positivas? A modo de conversa compartimos o que pensabamos que eran as palabras positivas. Pensaban en
palabras bonitas que che fan sentir ben, que che din que todo vai a ir ben... Falaron do sarcasmo, que se di de broma, etc.
-Búsqueda e elección do título do proxecto: aportaron as diferentes ideas e votaron de forma democrática. O mais votado foi A forza
da palabras.
-Que lle dirías aos teus compañeiros e compañeiras?: A dinámica consiste en decidir tres aspectos negativos de cada compañeiro/a
e anotalos nun posit que posteriormente se irán pegando sobre a roupa dese neno/a. Éste dirá como se sinte. Despois faise o mesmo
pero escribindo rasgos positivos. Tamén se comenta o seu estado emocional. Unha vez realizado con todos se pegan todos os
adhesivos nun gran mural que formará parte da aula.
-Tres verdades e unha mentira: o xogo consiste en escribir tres anécdotas que sexan certas e unha que non. Os demais compañeiros
e compañeiras terán que adiviñar cal é a afirmación falsa.
-Pícnic de convivencia e dinámica do impacto das palabras: organizamos un pícnic entre todos, decidimos que e quen ía traer cada
cousa e como o queríamos facer. Compartimos e falamos das sensacións positivas que sentimos e agradecemos a cada quen a súa
aportación e o rico e bonito que estaba todo. Preparamos o mural para a dinámica do impacto das palabras.
-A actividade plástica O meu nome en positivo: esta actividade plástica consiste en construír o noso nome engadindo rasgos
positivos sobre nós mesmos.
-A frase motivadora da semana: cada semana escollemos unha frase motivadora que nos inspire. Ímolas incluíndo nun ficheiro có
mesmo nome.
-Ficheiro das palabras positivas: como mínimo unha vez a semana eliximos unha palabra positiva e a clasificamos. Iremos
construíndo un ficheiro con elas. Tamén aprenderemos a identificar as palabras asasinas (aquelas que restan, que lastiman, que nos
limitan), e intentaremos ir abandonando o seu uso.
-Como é un día feliz para ti?: redacción e exposición oral dun día feliz para cada quen. Compartimos esa felicidade lendo os traballos
na clase.
-Palabras habitadas: a actividade comeza coa lectura de diversos fragmentos do libro Educar en el lenguaje positivo de Luís
Castellanos. A partir das exemplificacións definimos que é unha palabra habitada e pensamos cal é a nosa e por que. Cada crianza
redactou o seu texto e posteriormente o expuxo oralmente. Algunhas das palabras escollidas foron: esforzo, cariño, natureza, música,
amor, galiñas... Como a tarefa tivo moi boa acollida tamén o fixeron en familia e buscaron unha que os identificara ou os definira como
familia (fogar, liberdade, agarimo, crer...).
-Elección dos lemas do proxecto e deseño dos carteis para as aulas: Dous foron os carteis que fixemos cos lemas que son a
mensaxe que queremos transmitir á comunidade.
-Listas de control: elaboramos distintas listas de control para ser conscientes da nosa melloría ou non.
-O amigo invisible: pensamos que podía ser bonito facer un amigo invisible onde o agasallo sería algo de segunda man, como un
xesto mais do bo ambiente entre compañeiras/os.
ACTIVIDADES TIPO III
Presentación e exposición do Proxecto aos demais niveles da escola: Esta última actividade realizouse en varias fases.
1. Organización dun guión cós aspectos a desenvolver na exposición e reparto dos apartados seleccionados.
2. Redacción dos apartados, memorización, preparación dos murais e ensaios.
3. Exposición do traballo a todo o alumnado do centro ( que se fará en distintas quendas, para EI e 1º de EP, para 2º de EP e para 5º
e6º de EP).
4. Remataremos coa proxección dun vídeo (o código QR inclúese mais abaixo, o contrasinal é CUARTO), cuxos protagonistas son as
nenas e neno de cuarto curso, que destaca a importancia das palabras positivas, o bo trato, apartar as expresións negativas e
insultos...
RECURSOS DIDÁCTICOS
Persoais Alumnado, titora do grupo, familias e mestra especialista en PT.
Materiais Material funxible de todo tipo, TICS, murais, ficheiros, atril...
Ambientais Aulas, espazos de recreo, recunchos da calma, biblioteca...
Metodolóxicos Metodoloxías activas e traballo cooperativo.
OBXECTIVOS Instrumentos de Avaliación Ponderación
L.G.L.OBX4. Comprender e interpretar textos
escritos e multimodais, recoñecendo o
sentido global, as ideas principais e a
información explícita e implícita, e realizando
con axuda reflexións elementais sobre
aspectos formais e de contido, para adquirir
e construír coñecemento e para responder a
necesidades e intereses comunicativos
diversos.
Observación directa 10%
L.G.L.OBX5. Producir textos escritos e
multimodais, con corrección gramatical e
Observación directa 10%
ortográfica básicas, seriando correctamente
os contidos e aplicando estratexias
elementais de planificación, textualización,
redacción, revisión e edición para construír
coñecemento e para dar resposta a
demandas comunicativas concretas.
L.G.L.OBX2. Comprender e interpretar textos
orais e multimodais identificando o sentido
xeral e a información máis relevante, e
valorando con axuda aspectos formais e de
contido básicos para construír coñecemento
e responder a diferentes necesidades
comunicativas.
Observación directa 10%
L.G.L.OBX9. Reflexionar de forma guiada
sobre a linguaxe a partir de procesos de
produción e comprensión de textos en
contextos significativos, utilizando a
terminoloxía elemental adecuada para
iniciarse no desenvolvemento da conciencia
lingüística e para mellorar as destrezas de
produción e comprensión oral e escrita.
Observación directa 10%
L.G.L.OBX10. Pór as propias prácticas
comunicativas ao servizo da convivencia
democrática utilizando unha linguaxe non
discriminatoria e detectando e rexeitando os
abusos de poder a través da palabra para
favorecer un uso non só eficaz senón tamén
ético da linguaxe.
Rúbrica 20%
P.C.OBX1. Concretar un plan de traballo
para a realización dun proxecto ou a
resolución dun problema a través da
definición de obxectivos e das accións para
acadalos, tendo en conta as necesidades da
contorna.
Observación directa 10%
P.C.OBX2. Desenvolver o proxecto segundo
a planificación prevista mobilizando
conxuntamente as competencias
transversais que se requiran.
Observación directa 10%
P.C.OBX3. Presentar os resultados
asociados ao proxecto competencial
empregando dun xeito respectuoso
estratexias e ferramentas de comunicación
adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal
positiva, control das emocións negativas e,
de ser o caso, co uso de recursos
informáticos e audiovisuais.
Rúbrica 20%
VALORACIÓN DO ENSINO
Aspectos positivos
O alumnado aprendeu a ser mais consciente da repercusión que ten o que se di e como se di
aos demais, e mellorou o seu vocabulario en positivo. A búsqueda das palabras habitadas en
cada familia favoreceu o encontro e a reflexión sobre a súa identidade como grupo. A
transmisión do aprendido ao resto do alumnado do centro potenciou a súas habilidades
comunicativas e contribuiu a difundir o bo trato aos demais e o coidado dun mesmo. Realizar
listas de control axudou ás crianzas a autoavaliar o seu progreso e a facer unha crítica
constructiva.
Propostas de mellora
No futuro sería moi recomendable continuar coas dinámicas de aula de pensamento en
positivo. A mensaxe das boas maneiras comeza en espazos pequenos pero debe estenderse
pola sociedade.
En algunhas ocasións a coincidencia con outras actividades de centro demorou algunhas das
actividades programadas.
A organización temporal das actividades e a integración no proxecto de persoal experto
podería mellorarse.

More Related Content

Similar to Proxecto SEMGal O impacto das palabras.pdf (20)

PPTX
Tâche 2
SilviaMontoto
 
PPTX
Tâche 2
BeatrizRE
 
PPTX
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
Fran Argibay
 
ODP
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Susana Arins
 
PDF
Tâche 2 xutificacións
Leti Souto Matos
 
PPTX
Tâche 2
SilviaMontoto
 
PPTX
Tâche 2: comments_y_prende
ainoaaa
 
DOCX
Tâche 2. Comment s'y prende
Fátima Nogueira González
 
PPT
Tâche 2.
TaniaHermida
 
PDF
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
María Valbuena
 
PDF
Programacion principihno
Carmela Garcia
 
PPTX
JOURNAL FRANCÉS
Paula Paz Varela
 
PPTX
MA JOURNAL
Paula Paz Varela
 
ODT
Programación de aula 3º lingua
EIRIS4
 
PPTX
Di Se Li 22
Luz Zas
 
PPTX
Di Se Li 22
Luz Zas
 
PPTX
Tâche 2
SilviaMontoto
 
PPT
Os Enfoques Comunicativos
Luz Zas
 
Tâche 2
SilviaMontoto
 
Tâche 2
BeatrizRE
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
Fran Argibay
 
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Susana Arins
 
Tâche 2 xutificacións
Leti Souto Matos
 
Tâche 2
SilviaMontoto
 
Tâche 2: comments_y_prende
ainoaaa
 
Tâche 2. Comment s'y prende
Fátima Nogueira González
 
Tâche 2.
TaniaHermida
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
María Valbuena
 
Programacion principihno
Carmela Garcia
 
JOURNAL FRANCÉS
Paula Paz Varela
 
MA JOURNAL
Paula Paz Varela
 
Programación de aula 3º lingua
EIRIS4
 
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Tâche 2
SilviaMontoto
 
Os Enfoques Comunicativos
Luz Zas
 

More from vilabarreiro (20)

PDF
O mundo dos Casais e a súa rapazada. 5º/6º de Primaria
vilabarreiro
 
PDF
Proxecto SEMGal 3ºPrimaria. Curso 24-25.24-25.
vilabarreiro
 
PDF
Que lindos pitiños!. Conto colaborativo EI
vilabarreiro
 
PDF
Proxecto SEM. Os mariscos da nosa ría e os traballos do mar.
vilabarreiro
 
PDF
Proxecto SEM. As nosas emocións. 1º Primaria.
vilabarreiro
 
PDF
Memoria do Proxecto Somos quen. Curso 2024-25..pdf
vilabarreiro
 
PDF
Memoria Somos quen. Proxecto de Educación en Valores e Cidadanía Global. 2023...
vilabarreiro
 
PDF
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
vilabarreiro
 
PDF
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
vilabarreiro
 
PDF
Anexo iii imaxes do proxecto
vilabarreiro
 
PDF
Anexo ii guión programa radio_mica
vilabarreiro
 
PDF
Anexo i enlaces programas de radio
vilabarreiro
 
PDF
Memoria somos quen. 2020 21
vilabarreiro
 
PDF
Dibujos de cuaresma
vilabarreiro
 
PDF
Amencer 2017
vilabarreiro
 
PDF
Revista escolar amencer 2017 18
vilabarreiro
 
PDF
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
PDF
Memoria biblio2020
vilabarreiro
 
PDF
Memoria somos quen. 2018 19
vilabarreiro
 
PDF
Memoria somos quen 17-18
vilabarreiro
 
O mundo dos Casais e a súa rapazada. 5º/6º de Primaria
vilabarreiro
 
Proxecto SEMGal 3ºPrimaria. Curso 24-25.24-25.
vilabarreiro
 
Que lindos pitiños!. Conto colaborativo EI
vilabarreiro
 
Proxecto SEM. Os mariscos da nosa ría e os traballos do mar.
vilabarreiro
 
Proxecto SEM. As nosas emocións. 1º Primaria.
vilabarreiro
 
Memoria do Proxecto Somos quen. Curso 2024-25..pdf
vilabarreiro
 
Memoria Somos quen. Proxecto de Educación en Valores e Cidadanía Global. 2023...
vilabarreiro
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
vilabarreiro
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
vilabarreiro
 
Anexo iii imaxes do proxecto
vilabarreiro
 
Anexo ii guión programa radio_mica
vilabarreiro
 
Anexo i enlaces programas de radio
vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2020 21
vilabarreiro
 
Dibujos de cuaresma
vilabarreiro
 
Amencer 2017
vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2017 18
vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Memoria biblio2020
vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2018 19
vilabarreiro
 
Memoria somos quen 17-18
vilabarreiro
 
Ad

Proxecto SEMGal O impacto das palabras.pdf

  • 1. Título da tarefa: A FORZA DAS PALABRAS Profesorado: Ariana Rodríguez Sánchez Breve descrición da tarefa: O proxecto consiste na adquisición e interiorización dunha linguaxe positiva de forma consciente, recoñecer o impacto que teñen as palabras nos demais e en nós mesmos, a través de que dinámicas e hábitos podemos mellorar o que dicimos, para que e como nos diriximos aos outros compañeiros/as, adultos/as... Ninguén sabe con certeza o impacto que ten nos demais, falémonos ben, fomentemos os espazos libres de malas palabras. Curso: 4º Área(s) ou Materia(s): Lingua Galega e Literatura e Proxecto Competencial Temporalización: 1º e 2º trimestre do curso 24-25 Etapa: Educación Primaria CONCRECIÓN CURRICULAR Contidos Criterios de Avaliación Obxectivos CC L.G.L. ▪ Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas, tendo unha perspectiva de xénero. Bloque 1. AS linguas e os seus falantes ▪ CA1.4. Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión grupal acompañada sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha valoración social equilibrada das dúas linguas oficiais. CA1.5. Usar unha linguaxe respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e coa perspectiva de xénero OBX4. Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos. OBX5. Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e CCL CPSAA CC
  • 2. edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas L.G.L. – Interese pola ampliación de vocabulario para unha mellor comunicación oral en distintas situacións. – Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais e informais elementais, mobilizando estratexias básicas de cortesía lingüística e asertividade – Estratexias de expresión e escoita activa empática de necesidades, vivencias e emocións propias e alleas para a resolución dialogada dos conflitos, tendo en conta a perspectiva de xénero. Bloque 2. Comunicación oral ▪ CA2.2. Ampliar paulatinamente o vocabulario a partir das experiencias e situacións cotiás. CA2.5. Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, respectando as normas básicas da cortesía lingüística e iniciándose en estratexias de escoita activa. OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas. OBX5. Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas CCL CC L.G.L. – Valoración da propia produción escrita, así como a produción escrita dos compañeiros e compañeiras. – Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas. Bloque 3. Comunicación escrita ▪ CA3.9. Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita. ▪ CA3.10. Construír, a través da linguaxe e de forma progresiva, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. OBX9. Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita OBX10. Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe. CCL CPSAA CC
  • 3. L.G.L. ▪ Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons e letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas de xeito individual e grupal. Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas a produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais CA6.2. Producir en galego textos escritos e multimodais sinxelos e coherentes, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, iniciándose no uso das normas gramaticais e ortográficas máis sinxelas e progresando, de maneira acompañada, na mobilización de estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas. CCL P. Competencial ▪ Procura e selección de información relacionada cos proxectos. ▪ Planificación: secuenciación e temporización. Bloque 1. Definición de proxectos ▪ CA1.1. Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar. ▪ CA1.4. Realizar, de xeito guiado, a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto. OBX1. Concretar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna. CPSAA CC CPSAA CC P. Competencial ▪ Execución de proxectos: dinámicas e roles. Bloque 2. Execución de proxectos ▪ CA2.1. Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporización prevista. CA2.5. Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto. OBX2. Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran
  • 4. P. Competencial ▪ Presentación de proxectos: a expresión verbal e corporal; control das emocións e da conduta. ▪ Uso de recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos de apoio á comunicación para a presentación do proxecto. Bloque 3. Presentación de proxectos ▪ CA3.1. Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos. ▪ CA3.2. Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso. ▪ CA3.4. Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas. ▪ CA3.5. Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto OBX3. Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais. CPSAA CC ACTIVIDADES TIPO I - Visionado e posterior asemblea do vídeo de Constanza Orbaiz: https://youtu.be/4NuF4HD94Qs?si=BdsHU2cw_LPv6LrC - Visionado e posterior debate do audiovídeo elaborado polo alumndo do CEIP Nicolás del Río de Cedeira https://youtu.be/6ZOmJaoBiUM?si=RoRemrc7CUGhn4xu - Diversos conflitos e discusións acontecidos ao principio de curso tamén serviron de motivación e interese por mellorar o ambiente na aula e a maneira de tratarse. - “Bo roio”: Se non entras bailando, non hai clase! ACTIVIDADES TIPO II
  • 5. -Que son as palabras positivas? A modo de conversa compartimos o que pensabamos que eran as palabras positivas. Pensaban en palabras bonitas que che fan sentir ben, que che din que todo vai a ir ben... Falaron do sarcasmo, que se di de broma, etc. -Búsqueda e elección do título do proxecto: aportaron as diferentes ideas e votaron de forma democrática. O mais votado foi A forza da palabras. -Que lle dirías aos teus compañeiros e compañeiras?: A dinámica consiste en decidir tres aspectos negativos de cada compañeiro/a e anotalos nun posit que posteriormente se irán pegando sobre a roupa dese neno/a. Éste dirá como se sinte. Despois faise o mesmo pero escribindo rasgos positivos. Tamén se comenta o seu estado emocional. Unha vez realizado con todos se pegan todos os adhesivos nun gran mural que formará parte da aula. -Tres verdades e unha mentira: o xogo consiste en escribir tres anécdotas que sexan certas e unha que non. Os demais compañeiros e compañeiras terán que adiviñar cal é a afirmación falsa. -Pícnic de convivencia e dinámica do impacto das palabras: organizamos un pícnic entre todos, decidimos que e quen ía traer cada
  • 6. cousa e como o queríamos facer. Compartimos e falamos das sensacións positivas que sentimos e agradecemos a cada quen a súa aportación e o rico e bonito que estaba todo. Preparamos o mural para a dinámica do impacto das palabras. -A actividade plástica O meu nome en positivo: esta actividade plástica consiste en construír o noso nome engadindo rasgos positivos sobre nós mesmos. -A frase motivadora da semana: cada semana escollemos unha frase motivadora que nos inspire. Ímolas incluíndo nun ficheiro có
  • 7. mesmo nome. -Ficheiro das palabras positivas: como mínimo unha vez a semana eliximos unha palabra positiva e a clasificamos. Iremos
  • 8. construíndo un ficheiro con elas. Tamén aprenderemos a identificar as palabras asasinas (aquelas que restan, que lastiman, que nos limitan), e intentaremos ir abandonando o seu uso. -Como é un día feliz para ti?: redacción e exposición oral dun día feliz para cada quen. Compartimos esa felicidade lendo os traballos na clase. -Palabras habitadas: a actividade comeza coa lectura de diversos fragmentos do libro Educar en el lenguaje positivo de Luís Castellanos. A partir das exemplificacións definimos que é unha palabra habitada e pensamos cal é a nosa e por que. Cada crianza redactou o seu texto e posteriormente o expuxo oralmente. Algunhas das palabras escollidas foron: esforzo, cariño, natureza, música, amor, galiñas... Como a tarefa tivo moi boa acollida tamén o fixeron en familia e buscaron unha que os identificara ou os definira como familia (fogar, liberdade, agarimo, crer...). -Elección dos lemas do proxecto e deseño dos carteis para as aulas: Dous foron os carteis que fixemos cos lemas que son a
  • 9. mensaxe que queremos transmitir á comunidade. -Listas de control: elaboramos distintas listas de control para ser conscientes da nosa melloría ou non. -O amigo invisible: pensamos que podía ser bonito facer un amigo invisible onde o agasallo sería algo de segunda man, como un
  • 10. xesto mais do bo ambiente entre compañeiras/os. ACTIVIDADES TIPO III Presentación e exposición do Proxecto aos demais niveles da escola: Esta última actividade realizouse en varias fases. 1. Organización dun guión cós aspectos a desenvolver na exposición e reparto dos apartados seleccionados. 2. Redacción dos apartados, memorización, preparación dos murais e ensaios. 3. Exposición do traballo a todo o alumnado do centro ( que se fará en distintas quendas, para EI e 1º de EP, para 2º de EP e para 5º e6º de EP). 4. Remataremos coa proxección dun vídeo (o código QR inclúese mais abaixo, o contrasinal é CUARTO), cuxos protagonistas son as nenas e neno de cuarto curso, que destaca a importancia das palabras positivas, o bo trato, apartar as expresións negativas e insultos...
  • 11. RECURSOS DIDÁCTICOS Persoais Alumnado, titora do grupo, familias e mestra especialista en PT. Materiais Material funxible de todo tipo, TICS, murais, ficheiros, atril... Ambientais Aulas, espazos de recreo, recunchos da calma, biblioteca... Metodolóxicos Metodoloxías activas e traballo cooperativo. OBXECTIVOS Instrumentos de Avaliación Ponderación L.G.L.OBX4. Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos. Observación directa 10% L.G.L.OBX5. Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e Observación directa 10%
  • 12. ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas. L.G.L.OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas. Observación directa 10% L.G.L.OBX9. Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita. Observación directa 10% L.G.L.OBX10. Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe. Rúbrica 20% P.C.OBX1. Concretar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna. Observación directa 10%
  • 13. P.C.OBX2. Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran. Observación directa 10% P.C.OBX3. Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais. Rúbrica 20% VALORACIÓN DO ENSINO Aspectos positivos O alumnado aprendeu a ser mais consciente da repercusión que ten o que se di e como se di aos demais, e mellorou o seu vocabulario en positivo. A búsqueda das palabras habitadas en cada familia favoreceu o encontro e a reflexión sobre a súa identidade como grupo. A transmisión do aprendido ao resto do alumnado do centro potenciou a súas habilidades comunicativas e contribuiu a difundir o bo trato aos demais e o coidado dun mesmo. Realizar listas de control axudou ás crianzas a autoavaliar o seu progreso e a facer unha crítica constructiva. Propostas de mellora No futuro sería moi recomendable continuar coas dinámicas de aula de pensamento en positivo. A mensaxe das boas maneiras comeza en espazos pequenos pero debe estenderse pola sociedade. En algunhas ocasións a coincidencia con outras actividades de centro demorou algunhas das actividades programadas. A organización temporal das actividades e a integración no proxecto de persoal experto podería mellorarse.